lunes, 26 de octubre de 2015

EXCURSIÓN DA AEPECT



O sábado 17 de outubro un grupo de 20 membros da "Asociación Española Para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra" (AEPECT) participou nunha excursión titulada "Xeoloxía do Sur do Canón do Sil". Durante a mesma, Eduardo González Clavijo, xeólogo que participou no inventario do proxecto Silxe, mostroulles varios Lugares de Interese Xeolóxico do Canón do Sil e explicou diferentes aspectos da xeoloxía da zona. Visitaron o Parque Granitico da Moura e a cuarcita Armoricana en Nogueira de Ramuín, o miradoiro de Cabezoás e a necrópole de San Vítor en Parada de Sil, o miradoiro da Galeana en A Teixeira e a Virxe do Monte en Esgos.

viernes, 23 de octubre de 2015

EXCURSIÓN 06/10/15

O pasado 6 de outubro de 2015, achegáronse a coñecer 5 dos LIG indentificados no proxecto SILXE, un grupo de 23 persoas da zona (axentes municipais, expertos en turismo, titulares de establecementos de turismo, alcaldes).
A pesares do mal tempo co que comenzou a actividade, e a néboa que impidió realizar a parada programada no mirador de Cabezoás, no resto das paradas previstas, Eduardo González, xeólogo que ten levado o peso dos traballos de campo do proxecto, ten facilitado a interpretación do patrimonio xeolóxico da zona, achegando os coñecementos de xeoloxía a este grupo de persoas que amosaron o máximo intereres.

ROLDA DE PRENSA

O pasado 5 de outubro celebrouse unha rolda de prensa na que se presentaron os resultados do proxecto SILXE. Algunas das noticias recollidas na prensa pódense ler accedendo aos seguintes enlaces:
LA REGIÓN, 5/10/15
DEPUTACIÓN DE OURENSE, 5/10/15
ABC, 5/10/15
FARO DE VIGO, 6/10/15
OURENSE DIGITAL, 5/10/15
LA VOZ DE GALICIA, 5/10/15